<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" xmlns:its="http://www.w3.org/2005/11/its" type="topic" style="problem" id="hardware-cardreader" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="media#music"/>
<link type="guide" xref="hardware#problems"/>
<revision pkgversion="3.13.92" date="2014-09-20" status="review"/>
<revision version="gnome:42" status="final" date="2022-02-26"/>
<credit type="author">
<name>Proxecto de documentación de GNOME</name>
<email>gnome-doc-list@gnome.org</email>
</credit>
<credit type="editor">
<name>Michael Hill</name>
<email>mdhillca@gmail.com</email>
</credit>
<include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
<desc>Resolución de problemas en lectores de tarxetas multimedia.</desc>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Diéguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2011-2024</mal:years>
</mal:credit>
</info>
Moitos computadores conteñen lectores para tarxetas de almacenamento SD, MMC, MS, CF e outras. Deberíanse detectar automaticamente e <link xref="disk-partitions">montar</link>. Aquí pode ler algunha resolución de erro se non se detectan e montan automaticamente:
<steps>
<item>
Asegúrese de que a tarxeta está inserida correctamente. Moitas tarxetas parecen que están ao revés cando se insiren correctamente. Asegúrese tamén de que a tarxeta está ben colocada na ranura; algunhas tarxetas, especialmente as CF requiren que se faga un pouco de forza para inserilas correctamente. (Teña coidado de non empurrar moi forte. Se choca contra algo sólido, non o force)
</item>
<item>
Abra <app>Ficheiros</app> usando o menú <gui xref="shell-introduction#activities">Actividades</gui>. ¿Aparece a tarxeta inserida na lista <gui>Dispositivos</gui> na barra lateral da esquerda? Algunhas veces, a tarxeta aparece nesta lista pero non está montada; prema sobre ela unha vez para montala. (Se a barra lateral non está visíbel, prema <gui style="menu">Ficheiros</gui> na barra superior e seleccione<gui style="menuitem">Barra lateral</gui> .
</item>
<item>
Se o seu lector de tarxetas non aparece na barra lateral, prema <keyseq><key>Ctrl</key><key>L</key></keyseq>, logo escriba computer:/// e prema <key>Intro</key>. Se o seu lector de tarxetas está configurado correctamente, o lector debería aparecer como un dispositivo cando non ten unha tarxeta, e a tarxeta en si cando se teña montado.
</item>
<item>
Se ve o lector de tarxetas pero non a tarxeta, o problema pode estar na tarxeta en si. Ténteo cunha tarxeta diferente ou probe a tarxeta nun lector de tarxetas se lles é posíbel.
</item>
</steps>
Se non se mostran tarxetas ou controladores dispoñíbeis ao explorar a localización do <gui>Computador</gui>, é posíbel que o lector de tarxetas non funcione correctamente en Linux debido a problemas co controlador. Se o seu lector de tarxetas é interno (dentro do computador no lugar de estar por fora) é máis probábel. A mellor solución é conectar o dispositivo (cámara, teléfono móbil, et) directamente a un porto USB do computador. Os lectores de tarxetas externos USB tamén están dispoñíbeis, e están mellor soportados en Linux.
</page>