<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" xmlns:if="http://projectmallard.org/if/1.0/" type="topic" style="task" version="1.0 if/1.0" id="shell-windows-states" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="shell-windows#working-with-windows"/>
<revision pkgversion="3.4.0" date="2012-03-24" status="candidate"/>
<revision pkgversion="3.13.92" date="2014-09-22" status="candidate"/>
<credit type="author copyright">
<name>Shaun McCance</name>
<email>shaunm@gnome.org</email>
<years>2012</years>
</credit>
<include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
<desc>Colocar xanelas nun área de traballo para axudarlle a traballar máis eficientemente.</desc>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Diéguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2011-2024</mal:years>
</mal:credit>
</info>
Pode mover e redimensionar xanelas para axudarlle a traballar de forma máis eficiente. Ademais do comportamento de arrastre, o sistema conta con atallos de teclado e modificadores para axudarlle a colocar xanelas rapidamente.
<list>
<item>
Mova unha xanela arrastrándoa desde a barra de título ou mantendo premida a tecla <key xref="keyboard-key-super">Super</key> e arrastre desde calquera parte da xanela. Manteña premida a tecla <key>Maiús</key> mentres a mova para axustar a xanela aos bordos da pantalla e a outras xanelas.
</item>
<item>
Redimensione unha xanela arrastrándoa aos bordos ou unha esquina da xanela. Manteña premida a tecla <key>Maiús</key> ao redimensionar para axustar a xanela aos bordos da pantalla e a outras xanelas.
Tamén pode redimensionar unha xanela maximizada premendo no botón de maximizar na barra de título.
</item>
<item>
Mova ou redimensione unha xanela usando só o teclado. Prema <keyseq><key>Alt</key><key>F7</key></keyseq> para mover unha xanela ou <keyseq><key>Alt</key><key>F8</key></keyseq> para redimensionala. Use as teclas de frechas para mover ou redimensionar, despois prema <key>Intro</key> para finalizar ou prema <key>Esc</key> para volver á posición e tamaño orixinal.
</item>
<item>
<link xref="shell-windows-maximize">Maximice unha xanela</link> arrastrándoa á parte superior da pantalla. Arrastre unha xanela a un lateral da pantalla para maximizala ao largo deste lado, o que lle permite <link xref="shell-windows-tiled">colora as xanelas lado a lado</link>.
</item>
</list>
</page>