<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" type="topic" style="question" id="power-othercountry" xml:lang="gl">

  <info>
    <link type="guide" xref="power#problems"/>
    <desc>O seu computador funcionará, pero pode precisar un cable de corrente diferente ou un adaptador de viaxe.</desc>

    <revision pkgversion="3.4.0" date="2012-02-20" status="review"/>
    <revision pkgversion="3.18" date="2015-09-28" status="final"/>

    <credit type="author">
      <name>Proxecto de documentación de GNOME</name>
      <email>gnome-doc-list@gnome.org</email>
    </credit>
    <credit type="author">
      <name>Phil Bull</name>
      <email>philbull@gmail.com</email>
    </credit>

    <include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
  
    <mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
      <mal:name>Fran Diéguez</mal:name>
      <mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
      <mal:years>2011-2024</mal:years>
    </mal:credit>
  </info>

<title>Pode funcionar o meu equipo co suministro de enerxía de outro país?</title>

<p>Distintos países usan fontes de enerxía de diferentes voltaxes (normalmente 110V ou 220-240V)  e distintas frecuencias de AC (normalmente 50 Hz ou 60 Hz). O seu computador debería funcionar con unha fonte de enerxía nun país distinto mentres teña o adaptador de enerxía axeitado. Tamén terá que cambiar o enchufe.</p>

<p>Se ten un portátil, todo o que precisa facer é conseguir o enchufe correcto para o seu adaptador. Algúns portátiles veñen con máis dun enchufe no seu empaquetado, polo que poida que xa teña o correcto. Se non é así, conecte o seu adaptador actual nun adaptador de viaxe estándar.</p>

<p>Se ten un computador de escritorio, tamén pode obter un cable con un enchufe diferente, ou usar un adaptador de viaxe. Porén, neste caso podería ter que cambiar o interruptor de voltaxe na fonte de enerxía do seu computador, se hai algún. Algúns computadores non teñen un interruptor como este, e poden traballar sen problemas con calquera voltaxe. Busque na parte traseira do seu portátil para atopar onde se conecta o enchufe con outro voltaxe. Preto de aí, debería haber un interruptor marcado con «110V» ou «230V» (por exemplo). Ese é o interruptor que precisa.</p>

<note style="warning">
  <p>Teña coidado ao cambiar os cabos de alimentación ou ao usar adaptadores de viaxe. Se é posíbel, apague todo primeiro.</p>
</note>

</page>
