<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" xmlns:its="http://www.w3.org/2005/11/its" type="topic" style="tip" id="power-batterylife" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="power"/>
<link type="seealso" xref="power-suspend"/>
<link type="seealso" xref="shell-exit#suspend"/>
<link type="seealso" xref="shell-exit#shutdown"/>
<link type="seealso" xref="display-brightness"/>
<link type="seealso" xref="power-whydim"/>
<revision pkgversion="3.7.1" version="0.2" date="2012-11-16" status="outdated"/>
<revision pkgversion="3.10" date="2013-11-07" status="review"/>
<revision pkgversion="3.18" date="2015-09-28" status="final"/>
<revision pkgversion="3.20" date="2016-06-15" status="final"/>
<revision pkgversion="41" date="2021-09-08" status="final"/>
<credit type="author">
<name>Proxecto de documentación de GNOME</name>
<email>gnome-doc-list@gnome.org</email>
</credit>
<credit type="author">
<name>Phil Bull</name>
<email>philbull@gmail.com</email>
</credit>
<credit type="editor">
<name>Ekaterina Gerasimova</name>
<email>kittykat3756@gmail.com</email>
</credit>
<credit type="editor">
<name>Michael Hill</name>
<email>mdhillca@gmail.com</email>
</credit>
<include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
<desc>Consellos para reducir o consumo de enerxía do seu computador.</desc>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Diéguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2011-2024</mal:years>
</mal:credit>
</info>
Os computadores poden empregar unha gran cantidade de enerxía. Mediante o uso de algunhas estratexias sinxelas de aforro de enerxía, pode reducir a súa factura da luz e axudar ao medio ambiente.
<list>
<item>
<link xref="shell-exit#suspend">Suspenda o seu computador</link> cando non o estea usando. Isto reduce significativamente a enerxía que consule e pode reanudar o seu computador moi rapidamente.
</item>
<item>
<link xref="shell-exit#shutdown">Apague</link> o computador cando non o use durante un período longo de tempo. Algunha xente cree que ao apagar o computdor de forma regular pode causar que arrinque máis rápido, pero iste non é o caso.
</item>
<item>
Use o panel de <gui>Enerxía</gui> nas <app>Preferencias</app> para cambiar as súas preferencias de enerxía. Existen algunhas opcións que lle permitirán aforrar enerxía: pode <link xref="display-blank">escurecer automaticamente a pantalla</link> despois dun tempo, activar o modo <gui><link xref="power-profile">Aforro de enerxía</link> automático</gui> cando a batería estea moi baixa de carga e pode facer que o seu computador se <link xref="power-suspend">suspenda automaticamente</link> se non o usa durante un tempo.
</item>
<item>
Reduce o <link xref="display-brightness">brillo da pantalla</link>.
</item>
<item>
Apague os seus dispositivos externos (como as impresoras e escáneres) cando non os use.
</item>
</list>
<list>
<item>
Reduza o <link xref="display-brightness">brillo da pantalla</link>. O consumo da enerxía da pantalla supón unha parte significativa do consumo de enerxía total dun portátil.
A maioría dos portátiles teñen botóns no teclado (ou nos atallos do teclado) que pode usar para reducir o brillo.
</item>
<item>
Se non precisa a conexión a Internet por un momento,  <link xref="power-wireless">apague a tarxeta sen fíos/bluetooth</link>. Estes dispositivos funcionan emitindo ondas de radio as cales precisan un pouco de enerxía.
Algúns computadores teñen un interruptor físico que pode usarse para apagalo, mentres que outros usan unha combinación de teclas. Pode vovler a activalo de novo cando o precise.
</item>
</list>
<list>
<item>
Reducir o número de tarefas que se están executando en segundo plano. Os computadores usan máis enerxía cando teñen máis tarefas que facer.
A maioría das aplicacións en execución fan moi pouco cando non está usándoos activamente. Porén, as aplicacións que recollen datos de forma frecuente desde internet, reproducen música ou filmes poden ter impacto no seu consumo de enerxía.
</item>
</list>
</page>