<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" xmlns:its="http://www.w3.org/2005/11/its" type="topic" style="question" id="net-what-is-ip-address" xml:lang="gl">

  <info>
    <link type="guide" xref="net-general"/>

    <revision pkgversion="3.4.0" date="2012-02-20" status="final"/>
    <revision pkgversion="3.18" date="2015-09-28" status="final"/>

    <credit type="author">
      <name>Jim Campbell</name>
      <email>jwcampbell@gmail.com</email>
    </credit>
    <credit type="editor">
      <name>Michael Hill</name>
      <email>mdhillca@gmail.com</email>
    </credit>
    <include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>

    <desc>Un enderezo IP é como un número de teléfono para o seu computador.</desc>
  
    <mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
      <mal:name>Fran Diéguez</mal:name>
      <mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
      <mal:years>2011-2024</mal:years>
    </mal:credit>
  </info>

  <title>Cal é o meu enderezo IP?</title>

  <p>«Enderezo IP» significa <em>Enderezo de Protocolo Internet</em>, e cada dispositivo que se conecta a unha rede (así como a Internet) ten unha.</p>

  <p>Un enderezo IP parécese ao seu número de teléfono. O seu número de teléfono é un conxunto único de números que identifican ao seu teléfono de forma que outra persoa poida chamalo. Igualmente, un enderezo IP é un conxunto único de números que identifican ao seu computador de forma que pode enviar e recibir datos cara e desde outros computadores, respectivamente.</p>

  <p>Actualmente, a maioría dos enderezos IP constan de catro conxuntos de números separados por un punto. <code>192.168.1.42</code> é un exemplo dun enderezo IP.</p>

  <note style="tip">
    <p>Un enderezo IP pode ser <em>dinámico</em> ou <em>estático</em>. Os enderezos IP dinámicos son asignados temporalmente cada vez que o seu computador se conecte a unha rede. Os enderezos IP estáticos son fixos, e non cambian. Os enderezos IP dinámicos son máis comúns que os estáticos — os enderezos estáticos son usados normalmente cando hai algunha necesidade especial, como para administrar un servidor.</p>
  </note>

</page>
