<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" type="topic" style="task" id="color-import-windows" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="color#problems"/>
<link type="seealso" xref="color-whatisprofile"/>
<link type="seealso" xref="color-gettingprofiles"/>
<desc>Como importar un perfil ICC existente usando un sistema Windows.</desc>
<credit type="author">
<name>Richard Hughes</name>
<email>richard@hughsie.com</email>
</credit>
<include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Dieguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2013.</mal:years>
</mal:credit>
</info>
O método para asignar o perfil a un dispositivo e tamén usando as curvas de calibrado incrustadas é distinto para cada versión de Microsoft Windows.
Prema co botón dereito sobre o perfil en Windows Explorer e prema <gui>Instalar perfil</gui>. Isto copia o perfil no cartafol correcto automaticamente.
Logo abra <guiseq><gui>Centro de control</gui><gui>Cor</gui></guiseq> e engada o perfil ao dispositivo.
<note style="warning">
Se está substituíndo un perfil existente en Windows XP, o atallo de arriba non funcionará. Os perfiles deben copiarse manualmente en <file>C:\Windows\system32\spool\drivers\color</file> para substituír o perfil orixinal.
</note>
Windows XP require que un programa se execute ao inicio para copiar o perfíl de curvas de calibrado na tarxeta gráfica. Isto pode facerse usando <app>Adobe Gamma</app>, <app>LUT Loader</app> ou usando o programa gratuito <app href="https://www.microsoft.com/download/en/details.aspx?displaylang=en&id=12714"> Microsoft Color Control Panel Applet</app>. Ao usar este último engadirase un elemento <gui>Cor</gui> ao panel de control e permitiralle estabelecer de forma doada perfiles predeterminados en cada inicio.
Microsoft Windows Vista eliminou de forma errónea o calibrado de curvas do vídeo LUT despois do inicio de sesión, suspensión e cando aparece a pantalla UAC. ISto significa que ten que recargar manualmente o perfil co perfil de curvas de calibrado. Se está usando perfiles con curvas de calibrado incrustadas ten que ter moito coidado de que o estado de calibrado non se fora limpado.
Windows 7 admite un esquema similar a Linux, nos que os perfiles se instalan a nivel de sistema ou específicos para un usuario. Porén almacénanse no mesmo lugar. Prema co botón dereito no perfil en Windows Explorer e prema <gui>Instalar perfil</gui> ou copie o perfil .icc en <file>C:\Windows\system32\spool\drivers\color</file>.
Abra <guiseq><gui>Centro de control</gui><gui>Xestión de cor</gui></guiseq> e logo engada un perfil ao sistema premendo no botón <gui>Engadir</gui>. Prema na lapela <gui>Avanzado</gui> e busque <gui>Calibración da pantalla</gui>. A carga do calibrado de curvas actívase na caixa de verificación <gui>Usar calibrado de pantalla Windows</gui> pero non é sensíbel. Isto pode activarse premendo en <gui>Cambiar preferencias do sistema</gui> e logo volvendo á lapela <gui>Avanzado</gui> e logo premendo na caixa de verificación.
Peche o diálogo e prema <gui>Recargar as calibracións actuais</gui> para estabelecer os desniveis gamma. As curvas de calibrado de perfil deberían estabelecerse para cada arrinque.
</page>