<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<page xmlns="http://projectmallard.org/1.0/" xmlns:its="http://www.w3.org/2005/11/its" type="topic" style="task" id="net-security-tips" xml:lang="gl">
<info>
<link type="guide" xref="net-general"/>
<revision pkgversion="3.4.0" date="2012-02-21" status="final"/>
<revision pkgversion="3.18" date="2015-09-28" status="final"/>
<credit type="author">
<name>Steven Richards</name>
<email>steven.richardspc@gmail.com</email>
</credit>
<include xmlns="http://www.w3.org/2001/XInclude" href="legal.xml"/>
<desc>Suxestións xerais a ter en conta ao usar Internet.</desc>
<mal:credit xmlns:mal="http://projectmallard.org/1.0/" type="translator copyright">
<mal:name>Fran Diéguez</mal:name>
<mal:email>frandieguez@gnome.org</mal:email>
<mal:years>2011-2024</mal:years>
</mal:credit>
</info>
Unha posíbel razón pola que está usando Linux é pola súa robusta seguranza pola que é coñecido. Unha razón pola que Linux é relativamente seguro do malware e virus é polo seu baixo número de usuarios. Os virus están enfocados en sistemas operativos populares como Windows, que teñen unha base de usuarios extremadamente grande. Linux tamén é moi seguro debido á súa natureza de fontes abertas, que lle permite aos expertos modificar e mellorar as características de seguranza incluídas para cada distribución.
A pesar de que as medidas levadas a cabo para asegurar a súa instalación de Linux sexan seguras existen vulnerabilidades. Como usuario medio de internet tamén pode ser susceptíbel de:
<list>
<item>
Fraudes de suplantación de identidade (sitios web e correos electrónicos que tentan obter información sensíbel mediante unha suplantación)
</item>
<item>
<link xref="net-email-virus">Reenvío de correos maliciosos</link>
</item>
<item>
<link xref="net-antivirus">Aplicacións con intencións maliciosas (virus)</link>
</item>
<item>
<link xref="net-wireless-wepwpa">Acceso non autorizado a redes remotas/locais</link>
</item>
</list>
Para conectarse de maneira segura, recorde as seguintes suxestións:
<list>
<item>
Teña coidado de correos electrónicos, anexos ou ligazóns que lle envíen persoas que non coñece.
</item>
<item>
Se un ofrecemento nun sitio web é demasiado bo para ser certo ou solicítalle información sensíbel que semella innecesaria, pénseo dúas veces antes de enviar a súa información e que poida ter consecuencias se a súa información se compromete por ladróns de identidade ou outro criminais.
</item>
<item>
Teña coidado en fornecer a calquera aplicación <link xref="user-admin-explain">permisos de nivel root</link>, especialmente aquelas que non usou antes ou aplicacións que non son moi coñecidas. Ao fornecerlle a alguén ou algo os permisos de nivel root pon o seu computador en alto risco de ataques.
</item>
<item>
Asegúrese de que só está executando os servizos de acceso remoto necesarios. Tendo SSH ou VNC executándose pode ser útil, pero deixa o seu computador aberto á intrusión se non os asegura de forma correcta. Considere o uso dunha <link xref="net-firewall-on-off">devasa</link> que lle axude ao seu computador nas intrusións.
</item>
</list>
</page>